XVI XORNADAS BLANCO FREIJEIRO

XVI XORNADAS BLANCO FREIJEIRO

Comenzarán o Luns 27, coa Presentación as 20:00 h, coa entrega da documentación e confirmación da inscrición, na que daranse por inauguradas estas Xornadas de arqueoloxía, arte e historia, tendo o arte como eixo temático, da man da que faremos unha viaxe no tempo de miles de anos, na que cinco relatores abordarán diversos aspectos de momentos da historia de prehistoria, con condicións de vida e sociedades moi distintas, pero que todas elas se expresaron a través da arte deixándonos ver, as veces a penas albiscar, o universo cultural que hai detras e que lle da sentido.

Faremos nesta ocasióon unha viaxe seguindo un fío cronolóxico pero, nesta ocasión iremos retrocedendo no tempo, dende o século XX ata os albores da arte, no paleolítico. Centraremos a temática en Galicia, facendo as referencias necesarias a outros lugares cando é preciso, xa que o qe estaba ocorrendo aquí formaba parte do que estaba ocorrendo en Europa.

O Martes 28, as 20h, e baixo o título “O século XX, un fervedoiro artístico” , Ramón Rozas Domínguez. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciará a viaxe no tempo no século XX, tratando dos intensos e rápidos cambios no mundo da arte neste século, logo de séculos nos que os períodos artísticos son moito máis longos e os cambios moitos menos intensos.

O Mércores 29, as 20h, e baixo o título “O Mestre Mateo”, Xosé Carlos Valle Pérez. Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Director do Museo Provincial de Pontevedra, na que nunha primera parada da viaxe faémola no medioevo , nos séculos XII-XIII, na que coñeceremos a arte románica a partir dunha figura non suficientemente coñecida a pesares da súa fáma, o Mestre Mateo , a quen todos identificamos co Pórtico da Gloria da Catedrál de Santiago de Compostela.

O Xoves 30,as 20h, e baixo o título “A arte rupestre ao aire libre en Galicia. ¿Trascendendo o fenómeno artístico?”. 20:00 h. Carlos Rodríguez Rellán. Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigador do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico (GEPN-AAT) da Universidade de Santiago de Compostela, na que falará dos petróglifos, inda que sempre fálase de “arte ruprestre”, resulta necesario reflexionar sobre esta idea e as súas implicacións, cando xa nos adentramos na prehistoria en torno a hai 4.000 anos , e os datos dos ue dispomos sobre as sociedades que realizaron esas representacións son moi escasos e fregmentarios, e non temos o código para comprender a mensaxe desas formas representadas.

O Venres 25, as 20h, e baixo o título “A arte paleolítica dende os Neandertais ata as últimas sociedades paleolíticas”. 20:00 h. Arturo de Lombera Hermida. Arqueólogo, investigador do Grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico (GEPN-AAT) da Universidade de Santiago de Compostela, e investigador colaborador do Institut Català de Paleoeconomia Humana i Evolució Social, na que chegamos al Paleolítico, ao final da viaxe que en realidade é o comezo da arte, das primeiras manifestacións e a súa evolución ao longo deste período.

21:15 h. terá lugar a Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Sra. Alcaldesa María Ramallo Vázquez.

Xa o Domingo 03, haberá unha visita guiada á igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns e Catedral de Santa María, Tui, onde se tratará sobre “O reflexo da evolución do románico e o gótico nas sedes episcopais tudenses de San Bartolomeu e Santa María”. Guía-relator: Suso Vila Pérez. Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Técnico dos museos catedralicios de Tui. A saída será de Marín (praza de España) ás 09.45 h, conregreso o mesmo punto as 14:30h.

A inscripción a estas xornadas farase a través da nosa web ou no Museo Manuel Torres de Marín.

Anterior Obras de Construción dunha Senda Peonil entre Vilaseca e Lapamán

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados