A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se trata dun circuíto pechado
Marín, 28 maio 2024
Un dos maiores atractivos do Paseo Alcalde Blanco, os xogos de auga que están no centro do mesmo despois da importantísima remodelación levada a cabo o pasado ano, estarán de novo activos para uso e desfrute da cidadanía.
A brigada municipal de Augas estivo esta mañá traballando en poñer en marcha de novo todo o circuíto, que funciona como un ciclo pechado no que a auga se recolle de novo a través dun sumidoiros para ser tratada e filtrada e poder usala de novo nos xogos, evitando o despilfarro da mesma.
Desde o Concello, lembran a importancia de facer un bo uso dos xogos para que a súa vida útil sexa a máis longa posible e se eviten problemas de atascos. Nese sentido, poñen moito o foco en que está prohibido acceder con animais, debido a que o pelo dos mesmos acaba nos filtros e atasca o sistema. Tamén é importante recoller os restos de globos de auga que moitas veces se atopan no desaugadoiro e que supoñen un problema para o circuíto.
O Goberno local anima a toda a veciñanza, así como as persoas que veñen de fóra, a aproveitar esta fin de semana que se prevé calurosa da vila de Marín, gozando das praias, dos xogos de auga e do resto de atractivos que se poden atopar.