17 abril 2021
A campaña “Chega a primavera a Marín en Rede” vén de rematar e, por iso, desde o Concello, lembran que desde mañá, día 23, e duranteo o 24 e o 25, as persoas que participasen e fixesen as súas compras nos establecementos adheridos a Marín en Rede poden canxear os seus tickets de compra por valor de 30 euros na Oficina de Turismo de Praza de España, onde se lles dará un dos rosais.
O horario para a recollida das prantas será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, a excepción do domingo, que será só de mañá.
Desde o Concello, animan a todos os establecementos de Marín a sumarse a Marín en Rede, que xa leva recolectados cerca de 200 adhesiones e xa están a pensar na próxima campaña de promoción da economía local de cara ao verán.