Indicacións sobre o correcto desenvolvemento da cerimonia
1) Rógase, puntualidade
2) Os vehículos dos noivos terán acceso a beirarrúa da fachada principal do Concello podendo estacionarse na mesma.
3) Una vez chegados os noivos ás dependencias municipais, os invitados deberán dirixirse ao Salón de Sesións onde se celebrará a cerimonia, ocuparán os asentos existentes e esperarán a chegada dos contraentes ao Salón. Os familiares máis próximos (irmáns, avós, tíos…) ocuparán os asentos dos bancos laterais próximos á mesa presidencial, na súa totalidade.
4) Os noivos acompañados polas testemuñas, farán a súa entrada no Salón e colocaranse fronte a mesa presidencial onde serán recibidos polo Sr. Alcalde ou o delegado pertinente que dará comezo á cerimonia.
5) Rematado o acto, os noivos e as testemuñas asinarán as actas deste matrimonio na mesa presidencial xunto co Sr. Alcalde ou o delegado sinalado, e recibirán unha copia da mesma.
6) Por último, disporán do tempo necesario para sacar cantas fotos queiran, tendo libre dispoñibilidade das instalacións do Concello para iso.
Requisitos:
Ter pagada a tasa.
O único requisito formal que se ten que cumprir é que algún dos cónxuxes nacera na vila ou estar empadroado no municipio.
A cerimonia de matrimonio civil é un acto breve pero de gran importancia no seu contido. Non por tratarse dun acto civil, pode considerarse menos significativo ou carente de solemnidade.
Por iso indicamos a continuación unha serie de normas ou recomendacións que deberán terse en conta para un correcto desenvolvemento do acto:
Indicaciones Xerais:
1) Os noivos dirixiranse á Alcaldía para a súa presentación na que se fixará a data do enlace e amosaránselle as dependencias municipais onde se celebrará a voda.
2) O expediente de matrimonio civil é tramitado polo Rexistro Civil, polo que deberán fornecer toda a documentación que se lles requira coa suficiente antelación no citado organismo.
3) A documentación que deben fornecer no Concello serán as fotocopias do D.N.I. correspondente aos noivos e ás testemuñas.
4) Poderán decorar o Salón e os seus accesos, comunicando o día e a hora.
Para suxetar os adornos florais non poderán utilizar chinchetas ou calquera outro material que dane o mobiliario, suxírense lazos, cintas ou cinta adhesiva.
5) Música:
– O Concello dispón de equipo de son e funciona con CD.
– A música que acompañe á cerimonia será a elección dos contraentes, aportando estes as súas preferencias ou utilizando a dispoñible no propio Concello.
– Así mesmo poderán acompañarse de actuacións musicais (coros, músicos, gaitas…) previo aviso.
6) Queda a libre disposición dos noivos calquera modificación sobre os actos (algún discurso de familiar ou amigo, lectura de poema…) sempre e cando se comuniquen antes do día de autos.
7) Unha semana antes da celebración os contraentes deberán achegarse ao Concello e ultimar detalles coa Secretaria do Alcalde e indicar os posibles cambios ou dúbidas ao respecto.
8) Ante calquera consulta dispoñen do nº de teléfono 986.881000 (Secretaría Particular) no que se atenderán as súas inquedanzas.