Esta mañán nunha visita de traballo foron visitados dous centros públicos do concello de Marín donde se están realizando obras tanto por parte da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria como por parte da área de educación do concello de Marín.
A alcaldesa de Marín e a concelleira da área de educación acompañadas polo xefe territorial da consellería en Pontevedra, o inspector de zona e o técnico da consellería, realizaron unha visita ó CEIP de Seixo, onde foi levada a cabo unha inversión relativa ó cambio de ventanas, contando o centro neste momento con todos as ventanas novas, tendo en conta que era moi necesario xa que as humidades eran continuas e as existentes eran as primitivas do propio centro, a obra realizada ascende a 24.517,24 € e foi realizada pola empresa DAPERCONS, GESTIÓN.
Neste centro público o concello acometeu obras de mellora, conservación relativas á pintura de todos os espazos comunes, pasillos, barandas e halls de entrada tratando de ofrecer unha imaxe mellorada do centro de Seixo.
A visita fíxose tamén o CEIP do Carballal onde por parte da Consellería estase acometendo a Reforma da instalación de calefacción no centro cunha inversión que ascende a 60.498,64 € executada polo contratista Manuel Fraguas Forte.
O concello neste centro realizará a reparación de baños, pezas do Tellado e acondicionamento en xeral.
E nos centros de secundaria como o IES Chan do Monte está acometéndose unha obra tamén de Instalación e reforma da calefacción cunha inversión de 57.898,65 € executada pola empresa TECNOSOLAR CLIMA S.L.
A inversión por parte da Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria ascende a 142.914,53 €, inversión que trata de acometer as necesidades máis importantes dos centros públicos de primaria e secundaria, así como as obras que estña levando a cabo o concello de Marín en todos os centros de ensino público e que trata de ano a ano facer unha inversión importante que redunde nunha mellora constante dos centros públicos de Marín.