Visita o Buque Cornide de Saavedra.

Visita o Buque Cornide de Saavedra.

O alumnado do curso de electricidade e hidráulica, acción formativa encadrada dentro do marco do programa integrado de emprego EMPREGAMARÍN II, que se está a desenvolver no centro de formación A AIXOLA, fixo unha visita guiada ao buque oceanográfico CORNIDE DE SAAVEDRA, pertencente á flota do Instituto Español de Oceanografía.

O buque oceanográfico atópase anclado no Porto de Marín e está dotado de sistemas electrónicos de navegación e situación, así como dos medios necesarios para recoller mostras, tanto de auga como de sedimentos, de determinación de variables físicas e químicas da auga de mar, así como para os estudos de flora e fauna marina.

saavedra1

A visita, planificada e xestionada polo profesorado de A Aixola, foi de especial interese para o alumnado do curso ao permitirlle coñecer persoalmente a sala de máquinas do buque, os sistemas de producción, control e distribución de electricidade, instalacións de alumbrados e forza, entre outras materias vistas no programa do curso.

Desde o Concello de Marín queremos agradecer ao capitán do buque e a súa tripulación a súa dispoñibilidade, amabilidade e as facilidades dadas para poder levar a cabo a visita, así como o esforzo e compromiso do profesorado de A Aixola por completar a formación do alumnado dunha forma práctica e atractiva.

Cómpre lembrar que a finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín II é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral, e coa obtención do diploma acreditativo do curso de electricidade e hidráulica mellorarám as súas expectativas de empregabilidade nun sector que está a requerir constantemente persoal técnico especializado.

Anterior Papanoelada.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados