Na tarde do xoves o Concello recibiu a visita dalgúns dos usuarios do centro de día “Saraiva”, que viñeron visitar a Exposición que no hall do Concello mostra unha aula antiga .
Con motivo do 8 de marzo, día da muller traballadora, que este ano adicouse as mestras, o Museo Pedagóxico cedeu durante un mes, elementos que eran usados no día a día nas clases de fai xa moitos anos.
Esta exposición completa a que tamén pode verse no multiusos da praza de abastos de elementos prestados polos centros educativos da vila.
Os participantes desfrutaron contando anécdotas propias e lembrando os seus días de “escolares”.