Visita da Concelleira de Infraestructuras.

Visita da Concelleira de Infraestructuras.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, anunciou que a Xunta iniciará no verán as obras de reforzo do firme ao longo de 6 quilómetros da estrada entre Marín e Moaña (PO-313) coa fin de incrementar a súa seguridade viaria. Vázquez, que visitou hoxe o Concello de Marín, precisou que hoxe iníciase a contratación das actuacións, coa publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A titular de Infraestruturas concretou que no Concello de Marín actuarase na travesía deste municipio, ao longo de 1,2 quilómetros, mediante o fresado e reposición do firme en todo o ancho da plataforma e a renovación da iluminación existente. Ademais, nesta vía construiranse pasos sobreelevados. Para a realización destas accións será precisa unha achega económica de 168.000 euros.

Este reforzo localizado de firme na estrada entre Marín e Moaña forma parte dun contrato máis amplo que recolle actuacións noutras estradas da comarca de Pontevedra e do Morrazo, por importe de 720.000 euros. Ademais súmase á licitación doutro contrato que tamén hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, correspondente á mellora de infraestruturas viarias na zona sur da provincia, resultando así un investimento de máis de 1,2 millóns na contratación de obras de reforzo de firme localizado en 9 estradas da provincia de Pontevedra.

Estas actuacións están incluídas no Plan de Reforzos de firme que a Xunta está a levar a para priorizar a conservación das estradas, o que significa velar pola seguridade dos cidadáns e mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os galegos
etel1

Anterior Inicio Obras da Ponte do Campo.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados