Visita Coures Tourís as obras Bexa e O Con.

Visita Coures Tourís as obras Bexa e O Con.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña da alcaldesa de Marín, María Ramallo, o avance das obras de mellora do camiño rural que enlaza Bexa con O Con, executadas a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural.

Cores Tourís estivo tamén acompañado nesta visita polo xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois e a xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Julia Pérez Pacios.

Os traballos leváronse a cabo no camiño que enlaza os núcleos de Bexa con O Con a través de Xermade, na parroquia de Seixo.

Tal e como explicou o delegado territorial, “todas as obras executadas dentro do Plan Marco teñen como obxectivo a mellora de accesos a núcleos rurais para garantir a seguridade vial, executándose ensanches e pavimentacións para acadar uns camiños rurais máis axeitados”.

cores1

Cores Tourís matizou que “este camiño conta cun ancheado variable segundo os tramos. Antes das obras, o seu firme flexible xeraba distinto grado de dificultade no tránsito dos vehículos non só por esas dimensións variables senón tamén polo estado do pavimento, ao que debe unirse o desgaste polas escorrentas e as fortes choivas dos invernos”.

Por todo o anterior, os traballos consistiron na limpeza e perfilado dos noiros e cunetas; a dotación dun novo canlón sumidoiro; a demolición de dados de recalces de formigón en pozos de rexistro e fresado nos entronques do camiño e a reposición de pavimento mediante a regulación e bacheado do mesmo. “Deste xeito melloráronse un total de case 650 metros de lonxitude neste camiño do concello de Marín, facilitando o acceso a fincas e lugares e recrecendo 22 pozos de rexistro, arquetas e canlóns sumidoiro ata a nova rasante”, explicou Cores Tourís.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou a importancia da colaboración dos alcaldes dos distintos concellos para poder executar estas obras, xa que se trata “duns traballos esencias para acadar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”.

Para 2016, segundo destacou Cores Tourís, está previsto que a Consellería de Medio Rural leve a cabo a mellora e pavimentado de 180 quilómetros de camiños rurais dos concellos da provincia.

Anterior Andaina Parque Natural Monte Aloia.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados