Visita Conselleiro a Escola Infantil de Seixo.

Visita Conselleiro a Escola Infantil de Seixo.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, comprobou in situ o resultado dos traballos de construción da nova escola infantil de Marín – Seixo. Alí, acompañado da rexedora local, Maria Pilar Ramallo Vázquez, confirmou que a nova infraestrutura “abrirá as súas portas o vindeiro mes de setembro para pór a disposición das familias 41 prazas repartidas en tres unidades que contarán coa atención de dúas mestras, catro educadoras e un persoal de servizos xerais”.

Este novo equipamento social que favorecerá a conciliación da vida laboral e persoal das familias deste municipio pontevedrés supuxo un gasto total de preto de 520.000 euros. As instalacións, completamente novas, están previstas de aulas, patio exterior cuberto e ao aire libre, zonas de aseo, cambiador e de preparación de alimentos.

garde02

Conciliación e PAN

O conselleiro recordou outras medidas en prol da demografía e da conciliación como o Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Nesta liña destacou que o crédito inicial do Bono Concilia -a nova orde de axudas directas aos pais e nais con fillos menores de 3 anos que non consigan praza nunha escola pública ou nunha financiada con fondos públicos, ou ben residan nunha localidade na que non existan prazas públicas- ascenderá a 3,4 millóns de euros, duplicando a partida destinada en 2015. Deste xeito, subliñou Rey Varela, “aumentaremos 1.400 prazas públicas ou sostidas con fondos públicos en escolas infantís”. “O obxectivo é acabar coas listas de agarda”, sentenciou.

Na escola infantil sita en Seixo, o conselleiro cifrou en 288 nenos e nenas o número de novas matrículas que comezaron o 1 de febreiro na rede pública de escolas infantís logo da convocatoria extraordinaria realizada o pasado mes de decembro. Este incremento, dixo o xefe do departamento de Política Social, “supón un aumento do número de unidades de atención, así como a contratación de máis persoal nun total de 15 escolas para seguir cumprindo cos ratios de calidade”.

Anterior Bases praza de técnico de administración xeral.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados