V Andaina Montes e Praias

V Andaina Montes e Praias

Vense de presentar a V edición da andaina MONTES E PRAIAS DE MARÍN, unha andaina que non para de medrar e que este ano intentará chegar os quinientos participantes. Terá lugar o domingo 17 de marzo e xa se pode realizar a inscripción na páxina web www.galitiming.com ou presencialmente nas oficinas da AECC en Marín en horario de mañan. Na presentación estiveron os concelleiros de Turismo e Deportes, a presidenta local da AECC, un representante do Clube de Montaña Xesteiras e outra dos voluntarios da proba.
Trátase dunha andaina que discurre nun 90% por camiños alonxados das estradas e que ten dúas modalidades, unha de 15 km apta para todos os públicos e outra masi dura de 25km para todos aqueles que se queiran enfrenter o reto de superala dentro do tempo establecido No percurso da ruta poderase disfrutar de recunchos desconocidos, para a maioría da xente, e que son verdadeiros tesouros naturáis.
A proba medra e este ano poderase recoller o dorsal na víspera da proba, o sábado 16 de marzo, data na que se fará unha presentación da proba e unha mesa redonda sobre o senderismo e a vida saludable como medio de prevención do cancro.
Salientar que este ano cada participante portará un dorsal personalizado por cada un no momeno de facer a inscripción. Tendes mais información en RRSS co hastag #mpmarin25km e na web www.25km.es

Anterior Entroido 2019

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados