PXOM
Haga click para desplegar
A ordenación urbanística dunha vila permite que o seu crecemento sexa ordenado e coherente. Para iso, precísase de ferramentas legais e de consenso coas que dar seguridade ao Marín de hoxe e poñer as bases e as necesidades para o Marín de mañá.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Marín foi aprobado definitivamente pola Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas o 27 de xuño de 2012. A súa publicación oficializouse no Boletín Oficial da Provincia o 15 de outubro de 2012. E desde o 2 de novembro desde mesmo ano está dispoñible en aberto para toda a cidadanía que queira consultar o documento urbanístico máis importante da nosa vila.
Co PXOM, Marín ten definidos os elementos principais que caracterizan á arquitectura do noso territorio, así como a clasificación do solo e todas as determinacións precisas para o seu desenvolvemento e xestión, definindo as características de cada parcela, os seus usos…