Axudas ARI

Axudas ARI

1. PROGRAMA DO BONO ALUGUEIRO MOCIDADE 2025 (IGVS)

Publicouse no DOG nº 35 do 20 de febreiro de 2025 a Resolución do 18 de febreiro de 2025 pola que se procede á convocatoria do programa de Bono Alugueiro Mocidade para o ano 2025, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482E):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Persoas físicas maiores de idade e menores de 36 anos que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de alugamento de vivenda e que dispoñan dunha fonte regular de ingresos

REQUISITOS

Ingresos iguais ou inferiores a 3 veces Iprem, estar empadroados na vivenda e que a renda máxima mensual no supere os 600 euros no caso do concello de Marín

CONTÍA DAS AXUDAS:

250€ mensuais durante o prazo máximo de 2 anos e, en todo caso, dende o 1 de xaneiro 2025 ata o 31 de decembro 2026

PRAZO

O prazo de solicitude é do 20 de febreiro ao 28 de marzo do 2025
(crédito orzamentario 6.477.468 €/ano, total 12.954.936 €)

DOCUMENTACIÓN

Anexo I, Anexo II, contrato de aluguer e volante de empadroamento, entre outros

PRESENTACIÓN

Obrigatoriamente por sede electrónica, a través desta ligazón.

2. AXUDAS Á COMPRA DE VIVENDA EN CENTROS HISTÓRICOS (IGVS)

Publicada no DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2025 a Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Persoas físicas maiores de idade con ingresos non superiores a 6.5 veces o IPREM que teñan subscrito con posterioridade ao 31.10.2024 un contrato privado ou escritura pública dunha vivenda que non supere os prezos máximos establecidos nas bases reguladoras e sita nun dos cascos históricos recollidos na Orde do 1 de marzo de 2018 que se pode consultar nesta ligazón

CONTÍA DAS AXUDAS:

20% ata un máximo de 10.800 € (12.800 € no caso de menores de 36 anos e 15.000 € no caso de vivendas sitas nun ámbito declarado Área Rexurbe), taxas e tributos excluídos

PRAZO

O prazo de solicitude é do 27 de xaneiro ao 15 de outubro do 2025 ou esgotamento de crédito (500.000 € anualidade 2025)

PRESENTACIÓN

Preferentemente por vía electrónica, a través desta ligazón, con opción en soporte papel.

Financiamento parcial do prezo de adquisición de vivenda xa construída en cascos históricos

3. PROGRAMA AVAIS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA 2025 (IGVS)

Resolución do 17 de marzo de 2025 pola que se convoca o Programa Avais para a adquisición de vivenda para o ano 2025 (código de procedemento VI402B):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Persoas físicas maiores de idade e menores de 36 anos con ingresos entre 2 e 5.5 veces o IPREM (6.5 veces se é adquirida por máis dunha persoa), empadroadas en Galicia. O límite dos 36 anos non será de aplicación cando se trate da adquisición dunha vivenda protexida (ter sido cualificada definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica en réxime xeral, especial ou concertado na data 19 de marzo do 2025)

PRAZO

Do 1 de abril ao 31 de outubro do 2025 ou esgotamento de crédito (5.000.000 € anualidade 2025)

PRESENTACIÓN

Obrigatoriamente por vía electrónica, a través desta ligazón.

Prestar unha cobertura temporal e financieira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia

Ata un 20% do prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación (prezo máximo de adquisición no concello de Marín: 210.000 euros)

4. PROGRAMA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE EN E ÁS VIVENDAS 2025 (IGVS)

Publicouse no DOG nº 54 do 19 de marzo de 2025 a Resolución do 17 de marzo de 2025 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2025 con carácter plurianual (código de procedemento VI435B):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Persoas propietarias, usufrutuarias, comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades, sociedades cooperativas, persoas propietarias agrupadas e sen título constitutivo de propiedade horizontal, empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios así como as persoas arrendatarias

AXUDA

60% (80% casos discapacidade e >65 anos), ata un máximo de: • 6.000€ (vivendas en edificios) • 9.000€/viv e 90€/m2 local (edificios) • 12.500€ (vivendas unifamiliares) Estas cuantías incrementaranse a 15.000€ (discapacidade) e 18.000€ (discapacidade >= 33%)

PRAZO

Do 27 de marzo de 2025 ás 9:00h ao 28 de abril de 2025 ás 14:00h (crédito orzamentario TOTAL 5.298.873 €, 3.257.873 € anualidade 2025 + 2.041.000 € anualidade 2026)

PRESENTACIÓN

Preferiblemente por sede electrónica, a través desta ligazón.

Edificios rematados antes do 2006, domicilio habitual e permanente; no caso de edificios colectivos, que o 50% da superficie sobre rasante teña uso residencial vivenda e que o 30% sexa domicilio habitual e permanente

Instalación de ascensores, salvaescaleiras, rampas ou demais dispositivos de accesibilidade, dotación de produtos de apoio e demais actuacións incluídas no artigo Sétimo das bases. Poderán incluírse tamén os honorarios dos profesionais intervintes, gastos de tramitación administrativa e tributos.

Terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes válidamente presentadas por terse cuberto na forma correcta e vir acompañadas da totalidade da documentación esixida. Só serán tidos en conta os anexos II presentados dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen que poidan incluirse novos anexos II, tanto para vivendas como locais, unha vez finalizado o prazo.

As persoas que lles fose denegada por esgotamento de crédito a solicitude presentada na convocatoria 2024 e que non teñan rematadas as obras antes do 19 de marzo de 2025, poderán presentar agora unha nova solicitude sen ter que adxuntar de novo a documentación complementaria xa presentada coa solicitude anterior pero sí deberán sinalar o NÚMERO DE EXPEDIENTE DE DENEGACIÓN e entregar VOLANTE DE PADRÓN FAMILIAR ACTUALIZADO e, se houbo modificacións, ANEXO II e, se as obras están comezadas, CERTIFICADO DE INICIO DAS OBRAS.

2025 Concello de Marín. Todos los derechos reservados