Axudas ARI

Axudas ARI

1. INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO (IGVS)

Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento VI501A):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Persoas físicas maiores de idade con ingresos non superiores a 6.5 veces o IPREM que teñan subscrito con posterioridade ao 02/10/2023 un contrato privado ou escritura pública dunha vivenda que non supere os prezos máximos establecidos nas bases reguladoras e sita nun dos cascos históricos recollidos na Orde do 1 de marzo de 2018.

PRAZO

Ata o 31 de outubro do 2024 ou esgotamento de crédito.

O crédito anual é de 500.000 €

PRESENTACIÓN

Preferentemente por vía electrónica a través desta ligazón, con opción en soporte papel.

Financiamento parcial do prezo de adquisición de vivenda xa construída en cascos históricos

20% ata un máximo de 10.800 € (12.800 € no caso de menores de 36 anos e 15.000 € no caso de vivendas sitas nun ámbito declarado Área Rexurbe), taxas e tributos excluídos

Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se convoca o Programa Avais para a mocidade para o ano 2024(código de procedemento VI402B):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Persoas físicas maiores de idade e menores de 36 anos con ingresos entre 2 e 5.5 veces o IPREM (6.5 veces se é adquirida por máis dunha persoa), empadroadas en Galicia

OBXECTIVO

Prestar unha cobertura temporal e financieira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia

GARANTÍA

Ata un 20% do prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación (prezo máximo de adquisición no concello de Marín: 180.000 euros)

PRAZO

Ata o 30 de outubro do 2024 ou esgotamento de crédito.

O crédito anual é de 5.000.000 €

PRESENTACIÓN

Por sede electrónica a través desta ligazón

2. INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

Resolución do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que particparán na súa xestión, e se procede á súa convoatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento IN414B e IN414C):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Persoas físicas que renoven os electrodomésticos dunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia

PRAZO

Para Entidades colaboradoras, tramitadoras das subvencións, do 15 de xaneiro do 2024 ao 30 de xuño do 2024
Máis detalle do procedemento

Para persoas beneficiarias das subvencións, do 08 de febreiro do 2024 ao 30 de setembro do 2024 ou esgotamento do crédito (2.175.000 €)
Máis detalle do procedemento

DOCUMENTACIÓN:

Anexo IV e V segundo artigo 11 das bases

PRESENTACIÓN

Telemáticamente por sede electrónica a través dalgunhas das entidades colaboradoras que poden consultarse nesta ligazón.

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50% para consumidores vulnerables e do 75% para consumidores vulnerable severos.

Máis información na páxina web de INEGA nesta ligazón

Podes chamar a este teléfono:

981 541 500

Podes escribir a este enderezo electrónico:

inega.info@xunta.gal

3. AXUDAS NA ARI VILA DE MARÍN (CONCELLO DE MARÍN)

Publicouse no BOPPO do 25.06.2024 o Extracto da convocatoria pública das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Vello e Barrio “Banda do Río Lameira” de Marín. Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (4ª fase):

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Propietarios, arrendatarios, inquilinos e titulares dalgún dereito de uso sobre inmobles de tipoloxía residencial unifamiliar ou colectiva

DIRIXIDO A

Edificios residenciais colectivos, unifamiliares e vivendas sitas en edificios

PRAZO

O prazo de solicitude é do 26 de xuño do 2024 ao 26 de xullo do 2024

As obras deberán estar rematadas antes do 30 de xullo do 2025.

PRESENTACIÓN

Por medios electrónicos, no trámite Se031 Solicitude Xeral da Sede electrónica.

As persoas físicas tamén poderán presentar no rexistro municipal en papel de xeito presencial.

MÁIS INFO

Para obter máis información sobre a axuda, pode chamar ao 986 890 488, escribindo ao correo ari@concellodemarin.es ou visitando a Oficina de Rehabilitación da Vivenda do concello de Marín (de martes a venres).

A documentación desta convocatoria pode ser consultada na Base de Datos Nacional de Subvencións a través da seguinte ligazón.

Obras de rehabilitación en vivendas e edificios, as recollidas nos artigos 36 e 43 do R.D. 106/2018, honorarios profesionais asociados e gastos derivados da tramitación administrativa debidamente xustificados

• Contar coas licenzas e autorizacións administrativas que correspondan
• Non ter rematadas as obras na data de presentación da solicitude de axudas
• As vivendas baleiras non recibirán axuda; serán destinadas a domicilio habitual e permanente para uso propio ou aluguer durante, como mínimo, 5 anos
• Os ingresos da unidade familiar da persoa solicitante non debe superar 6.5 veces o Iprem, agás que a vivenda sexa alugada ou as obras se realicen nos elementos comúns
• A antigüidade dos edificios deberá ser maior de 10 anos, agás casos recollidos artigo 8
• Redución da demanda enerxética anual global dun 25% como mínimo, só nas actuacións de mellora da eficiencia enerxética

• 40% do custo elixible con cargo ao Ministerio (75% en determinados casos), cun máximo de 12.000 €/vivenda para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e de 8.000 €/vivenda para actuacións de mellora da accesibilidade e conservación; no caso dos locais comerciais o máximo será de 120 €/m2.
• 10% do custo elixible con cargo á Comunidade Autónoma, cun máximo de 4.000 €/vivenda

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados