Unha Zona de Estacionamento Limitado GRATUÍTA e cunha marxe de aparcamento de 2 horas

Unha Zona de Estacionamento Limitado GRATUÍTA e cunha marxe de aparcamento de 2 horas

O Pleno da Corporación de Marín sacou adiante a ordenanza que regulará a creación dunha Zona de Estacionamento Horario Limitado. Unha zona na que o control do estacionamento será gratuíto, simplemente establecerase un límite máximo de 2 horas para aparcar, co obxectivo de mellorar a fluidez dos estacionamentos na vila e facilitar a dispoñibilidade de prazas ao longo da xornada.

O estacionamento no termo municipal e a necesidade de repensar o uso do espazo público é un dos eixos nos que leva traballando o Goberno local desde hai meses. Con este paso adiante, conséguese aplicar unha medida sen custo algún para a veciñanza pero que mellorará a xestión do estacionamento urbano.

Esta ordenanza foi debatida coa oposición en dúas comisións informativas, entre as cales foi exposta ao público para que aqueles que quixeran puideran interpoñer algunha alegación. Dadas as circunstancias derivadas da crise sanitaria, decidiuse ampliar dunha hora a dúas o tempo máximo de tempo de estacionamento.

Esta zona aplicarase en determinados tramos das rúas Avda. de Ourense, Exército e Marina, Ponte, Concepción Arenal, Jaime Janer e Méndez Núñez (detalle ao final da nota).

O horario no que estará vixente a limitación será de 08.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres, aplicándose só de mañá o sábado e sen aplicación o domingo e os festivos.

 

Un traballo constante de ampliación de aparcadoiros disuasorios

Desde hai varios anos, o Concello está inmerso na habilitación e na procura de novas parcelas. De feito, conseguíronse crear en pleno casco urbano case 600 novas prazas de estacionamento grazas aos parkings disuasorios, que hai fronte á Escola Naval, en Ponte Zapal, nas inmediacións do centro de saúde, na Barriada Virxe do Carme, na área do pavillón da Raña, en Inferniño, en Concepción Areal, en República Arxentina en Cantodarea e na rúa Dr. Otero Ulloa, en Seixo.

Agora, o Concello vén de conseguir unha nova parcela na zona da Raña, preto do Carballal, co que se despexarán vehículos na contorna do centro escolar.

A esta nova parcela unirase pronto outra na rúa Jaime Janer, un espazo que o Concello está a tramitar co seu propietario e que ampliará tamén as posibilidades de estacionamento nesta rúa tan céntrica.

O Goberno local lembra que está aberto a habilitar novos aparcadoiros disuasorios onde sexa posible, polo que anima aos veciños propietarios de parcelas que queiran poñer a disposición do Concello para este fin a que contacten co Consistorio.

 

Método de control

O método de control que utilizará a Policía Local de cara a garantir o bo cumplimento da ordenanza será a ferramenta Mcam, que leva integrada un programa de recoñecemento de texto con capacidade de xeolocalización.

Deste xeito, faranse lecturas nas rúas que teñan zona azul que se compararán e o propio programa recoñecerá aquelas matrículas que sobrepasan o límite das dúas horas máximas permitidas na ordenanza.

 

*Tramos das rúas nos que se aplicará a zona azul:

  • Avenida de Ourense:
    • Tramo comprendido entre o paso de peóns que hai fronte ao parque infantil do Museo Torres até Praza de España
    • Tramo comprendido entre o paso de peóns do parque infantil até a Rúa da Estrada
    • Tramo comprendido entre o número 90 e o 96
  • Exército e Marina: no tramo que vai da zona do peirao de carga do Mercado de Abastos até o monoliño da Liberación
  • Rúa da Ponte: dende a zona de carga e descarga fronte á fonte até o cruce coa Rúa do Sol
  • Concepción Arenal:
    • Dende o cruce coa Rúa Jaime Janer até o cruce coa Rúa da Roda
    • Tramo comprendido entre a EII O Grupo e o cruce con Méndez Núñez
  • Jaime Janer: dende o cruce con Concepción Arenal até a intersección coa Rúa Busto de Abaixo
  • Ezequiel Massoni: dende o seu cruce con Concepción Arenal até o cruce coa Rúa Busto de Abaixo

 

Anterior Unha conmemoración da Virxe do Porto máis audiovisual ca nunca

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados