Unha Semana Santa chea de deporte

Unha Semana Santa chea de deporte

20 marzo 2021
Os próximos luns 29, martes 30 e mércores 31 de marzo, a rapazada de 6 a 12 anos terá a oportunidade de gozar do descanso da Semana Santa coa celebración dunha actividade multideportiva nas instalacións deportivas do Pavillón da Raña, do Pavillón do Sequelo e do Pavillón do IES Illa de Tambo.
De xeito gratuíto, 75 rapaces e rapazas repartidos por grupos de 25 desta idade gozarán de actividades deportivas como o tenis, BTT, iudo, pilates, hip hop, taekwondo e bádminton, sempre mantendo todas as medidas de seguridade sanitarias derivadas da situación da Covid19.
INSCRICIÓNS (por sorteo):
? Desde mañá, 22 de marzo, ás 09.00 ata xoves, 25 de marzo, ás 15.00 horas
? A través da sede electrónica, do email alcaldia@concellodemarin.es ou dos teléfonos 986 88 03 00 e 986881000
? Os grupos de 25, así como a orde de asistencia a cada pavillón, serán publicados na web do Concello de Marín o venres 26

Anterior Ramallo e Novas visitan as obras de humanización de Camiño Vello en Seixo, que avanzan a moi bo ritmo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados