Un piano flotante e un espectáculo único: a aposta cultural para o Lago de Castiñeiras

Un piano flotante e un espectáculo único: a aposta cultural para o Lago de Castiñeiras

19 xullo 2021

 O verán segue en Marín con apostas tan interesantes e innovadoras como a de Le pianO du lac, un espectáculo en coproducción coa compañía asturiana La Xata la Rifa, que traerá a música ata o Lago Castiñeiras.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentou esta mañá esta oferta cultural, que fusiona teatro, música e danza e espazos naturais. Será os días 27, 28 e 29 de xullo no Lago, ás 20.00 horas.

A compañía chega a Marín despois de realizar en 2020 catro xiras con con catro espectáculos flotantes en Francia e España, que supuxeron un gran éxito de público.

Nesta ocasión, “El pedalOpiano” descansa sobre dous flotadores catamaranes blancos, ciclopropulsados con dúas rodas-paletas, sobre o que actúan artistas da Bretaña, Asturias, París… Trátase, en palabras da compañía, “dunha viaxe de estilos acompañado por unha cautivadora tripulación que interpreta tradición, vangarda, chanson française, músicas do mundo…”.

A visita a Marín está dentro da xira Xacobea “El Camino del agua” e suporá hora e cuarto de concerto estes tres días a cargo da pianista Violette Prevost, a multiinstrumentista Solenne Garnier, o trompetista Damien Bajard e a bailarina Mónica Cofiño.

Entradas

Para poder acudir ao espectáculo é preciso adquirir entrada online, na seguinte dirección: http://www.pianodulac.eu/taquilla2021/. A entrada ten un prezo voluntario, aínda que se aconsella de 10 euros. É preciso acudir cun kit de confort, cadeira pequena ou coxín.

Anterior As festas de verán chegan a Seixo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados