15 xuño 2021
O día 17 de xuño celebrarase o 120 aniversario do nacemento do noso pintor marinense máis célebre, Manuel Torres, e o museo que leva o seu nome xa prepara algunha sorpresa para poder celebrar ese día.
Unha delas será a exposición do último cadro que pasou por un proceso de restauración da man da especialista Eva Fontoira. O cadro, no que se pode ver un hórreo, estaba sen firmar e sen rematar polo artista e agora, despois de gañar unha nova vida, poderá verse exposto nunha das salas do museo municipal.
Ademais, o Museo acollerá unha proxección durante todo o día dun vídeo documental sobre pintura onde pode verse ao propio Torres falando da súa traxectoria vital e artística.
Poderá verse no horario regular do Museo, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.