O paisaxista marinense José Souto, volveu facer unha obra co paisaxe do entorno da Alameda, co obxectivo de integrar e disimular os contenedores de carga lateral que substituíron aos subterráneos, polos continuos desbordamentos de basura, debido maioritariamente ao aumento de locais de hostalaría en ditas inmediacións.
Os contenedores subterráneos se colocaran hai uns 15 anos en todos os concellos do Morrazo, pero pouco a pouco e debido aos problemas que xeraban, foron retirados todos eles.
En Marín, actualmente quedan 2 puntos de contenedores subterráneos, Rúa do Sol e entrada do Parque Infantil da Alameda, aínda que se está valorando eliminar os da entrada do Parque Infantil, debido ao aumento de capacidade dos contenedores de Rúa Almuíña e da Avenida de Ourense preto do Museo Manuel Torres.
A empresa Innova Paisajes, conseguiu delimitar a zona cun parterre de mínimo mantenemento e prantas de gran valor decorativa. O que máis lle chamou a atención a moitas persoas que pasaron pola zona foi o tocón de madeira colocado que lle da máis sensación de natureza, minimizando o impacto visual dos contenedores dende a Alameda.