A Xunta destina unha subvención de 15.000 € par ael Aula Cemit Municipal
A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) colaboran por quinto ano consecutivo para facilitar que a capacitación dixital pública e gratuíta chegue a todos os galegos a través das actividades da Rede de aulas CeMIT.
Así se recolle nun convenio, aprobado en novembro de 2017 polo Consello do Goberno galego, e asinado por Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( Amtega), a Vicepresidencia e Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fegamp.
Segundo o acordo, en 2018 a Amtega achegará ás administracións locais a través da Fegamp un total de 797.277 euros para realizar actividades en materia de inclusión dixital nas consideradas “aulas de referencia” da rede, isto é o nivel de Actividade dás aulas CeMIT
A rede conta cun total de 98 aulas en 92 concellos (das cales 64 son consideradas aulas de referencia por dispoñer dun alto nivel de actividade en inclusión dixital , entre estas a Aula Cemit de Marín)
Este orzamento distribúese atendendo a criterios de actividade das aulas así como da poboación do concello para recibir a subvención correspondente.
Ao importe do convenio súmase o investimento que a Amtega realizará no soporte e mantemento das infraestruturas dos centros e na mellora das ferramentas de xestión e formación que ascende a máis de 800.000 euros. En total, o próximo ano 2018 a Amtega destinará máis de 1,7 millóns de euros para impulsar a realización de actividades de inclusión dixital na Rede CeMIT.
O obxectivo final da Rede CeMIT é incrementar os coñecementos dixitais de todos os galegos e galegas, con independencia da súa idade, lugar de residencia ou situación económica para a mellora a súa autonomía persoal, o envellecemento activo e a
empleabilidad, entre outros. Concretamente, en 2018 está previsto que a rede imparta máis de 35.000 horas formativas no campo dixital e consiga os 80.000 usuarios e usuarias.
Ademais da realización de actividades para dinamizar o uso das TIC, durante 2018 farase fincapé no uso dos servizos dixitais e potenciarase a colaboración cos aliados dixitais do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020, que suma xa máis de 770 colaboradores. O papel dos aliados permite dispoñer dunha maior capilaridade en todo o territorio galego e unha maior variedade de actuacións e temáticas respecto ao catálogo de formación dixital da Rede.
Tamén se fomentará a certificación de competencias dixitais ( CODIX), onde se encamiñaron máis de 2.950 persoas e obtiveron a certificación máis de 2.100 persoas. para facilitar unha mellora da competitividade e do acceso ao mercado laboral da cidadanía e potenciarase a adquisición das competencias e habilidades dixitais necesarias para abordar con confianza
o uso das TIC.