CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO PARA A ADXUDICACIÓN POR SORTEO PÚBLICO, DAS AUTORIZACIÓNS PARA A INSTALACIÓN DE 6 POSTOS DE VENDA AMBULANTE NO MERCADILLO SEMANAL DE SEIXO.
Co obxecto de conceder 6 POSTOS vacantes no mercadillo de Seixo, convócase este proceso para que os interesados presenten as súas solicitudes, publicouse o pasado martes día 19 de xaneiro e o prazo finalizará o 5 de febreiro.
As bases que regulan este procedemento son as seguintes:
1.—OBXECTO:
a) Obxecto: Convócase o procedemento para a adxudicación, por sorteo público, de 6 licenzas para exercer a actividade de venda ambulante no mercadillo semanal de Seixo, nos postos dispoñibles sinalados nas bases da convocatoria.
b) Organismo: Concello de Marín.
c) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
d) Obtención de documentación e información: As bases reguladoras desta convocatoria poderán ser consultadas no taboleiro de edictos do Concello de Marín e na páxina web municipal, www.concellodemarin.es
2.—REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
a) Estar dado de alta no epígrafe correspondente do I.A.E. e ao corrente no pago do referido imposto ou, en caso de estar exentos, estar dado de alta no censo de obrigados tributarios.
b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pago das cotizacións.
c) Satisfacer as taxas e tributos establecidos para este tipo de venda.
d) Reunir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora do produto ou productos obxecto de venda.
e) Dispoñer, en caso de comercializar podutos alimenticios, do certificado acreditativo de haber recibido formación en materia de manipulación de alimentos.
f) Dispoñer dos permisos de residencia e traballo que, en cada caso, fosen esixibles, si se trata de persoas extranxeiras.
g) As persoas xurídicas deberán acreditar os seguintes aspectos: CIF, acta de constitución, estatutos e escritura de poder outorgada á persoa que firma a solicitude.
h) Dispoñer de seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima de 150.000 euros, para responder de posibles danos a persoas ou bens a resultas da actividade autorizada.
i) O titular da autorización de produtos de alimentación e herbodietética, deberá adicionalmente cumplir os requisitos que impón a normativa sanitaria.
3.—SELECCIÓN DOS SOLICITANTES:
a) Procedemento de concesión: A adxudicación realizarase por sorteo público, para ser adxudicatario/a dunha licenza e obrigatoria a asistencia ao acto do sorteo, persoalmente ou mediante representante previamente acreditado por escrito, ante notario ou ante a Secretaria xeral do Concello.
b) Lugar de celebración do sorteo: O sorteo celebraráse no Salón de Plenos do Concello, sito en avda. de Ourense, s/n, Marín, C.P: 36900.
c) Data e hora de celebración do sorteo: Ás 10:00 horas do décimo día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de solicitudes.
4.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN:
a) Modo de participar no sorteo: Os interesados deberán presentar a solicitude, xunto coa declaración responsable asinada, no modelo do ANEXO I.
b) Lugar de presentación: As solicitudes presentaranse, debidamente cumprimentadas, no Rexistro Xeral do Concello de Marín, sito en Avda. de Ourense, s/n, 36900 – Marín, ou por calquera dos rexistros habilitados legalmente. Se a solicitude non se presenta no Rexistro Xeral do Concello de Marín é obrigado enviar por fax un xustificante de envío dentro do prazo de presentación, ó núm.: 986 882 013.
c) Data límite de presentación de solicitudes: QUINCE (15) DÍAS HÁBILES a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
d) A documentación acreditativa do cumprimentos dos requisitos establecidos: Deberase presentar no prazo de 15 días hábiles a contar desde a comunicación do resultado do sorteo celebrado.