Desde o concello de Marín queremos seguir plantexando a mellora nas estradas autonómicas para os peatóns, os ciclistas e para facilitar a comunicación entre os distintos núcleos de poboación.
Desde a consellería de Infraestriucturas estase levando a cabo unha aposta decidida por ampliar nas zonas donde non están construídas beirarrúas e resulta necesario levalas a cabo plantexar sendas peonís como no noso concello levouse a cabo a senda de Bagüín.
Para elo desde o concello a alcaldesa remitiu á conselleira de Infraestruturas tal e como foi falado na súa visita para explicar as obras en Jaime Janer, a solicitude de tramos que neste momento para o concello considéranse prioritarios.
Como concello afectado pola planificación das actuación que a consellería de Infraestructuras a través da Axencia Galega de Infraestructuras quere levar a cabo, solicítase que acheguemos as necesidades que o noso concello ten respecto de sendas peonís e /ou ciclistas ó longo das estradas de titularidade autonómica.
Adxúntámoslle as memorias que desde o concello elaboramos que amosan a necesidade de que nas dúas estradas a PO-551 e na PO-313 existen destas infraestruturas que mellorarían a conexión entre os distintos núcleos de poboación.
Na PO-551 é necesario despois da senda de Bagúín a súa continuación ata a parroquia de Seixo, para enlazar coas beirarrúas existentes, sendo o tramo máis demandado o seguinte-
PO-551 desde Vilaseca a Lapamán, quedando pendente doutra actuación desde os Caños de Moledo ata a rotonda de saída da Variante de Marín.
PO-313 desde Coirados ata Pardavila, actuación demandada neste primeiro tramo, quedando para unha segunda fase desde Pardavila ata a subida a Castiñeiras á altura de Cadro.
Estas son as necesidades expostas e o plantexamento que melloraría sen dúbica a seguridade vial, o poder utilizalas para desplazamentos a pé ou en bici, unha aposta de futuro que queremos plantexar desde o concello de Marín.