Sinalización Lagoa de Castiñeiras

Sinalización Lagoa de Castiñeiras

O Concello de Marín cambia os paneis informativos da Lagoa de Castiñeiras

A Lagoa de Castiñeiras mellora a súa imaxe para a campaña de verán.

O Concello acaba de investir e mellorar a sinaléctica da Lagoa de Castiñeiras no territorio pertencente ao concello marinense, cambiando os paneis informativos das dúas zonas das comunidades de Montes de San Xulián e Santomé.

O goberno local continúa a súa política de mellorar e investir recursos para recuperar o espazo do Lago de Castiñeiras como un dos pulmóns verdes e de esparexemento dos e das marinenses e das persoas que o visitan, tras a instalación o ano pasado de dous novos asadores.

Ademais este ano o Concello substituíu a varanda de madeira e agora cambiou os paneis informativos de madeira, mellorando a infraestrutura e a información dos paneis destacando tres eixos centrais: información sobre o que se atopará no lago, a sinalización e mapa do lugar e un terceiro eixo que é a sinalización do “carreiro verde” estreado a principios do mes de xuño co programa de Marín en Ruta e que pasou a estar sinalizado permanentemente, acompañado de códigos QR para que poida ser descargado en dispositivos móbiles.

O investimento foi de algo máis de 5.000 €.

Anterior Programa Festas do Carme 2018

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados