Showcooking polo Día Europeo do Mercado.

Showcooking polo Día Europeo do Mercado.

O Concello de Marín a través da Concellería de Turismo e mercados que coordina Cristina Acuña, programou diferente actos para promocionar o Día Europeo dos Mercados e Prazas de Abastos que organiza a Xunta de Galicia.
O produto será un dos grandes protagonistas nas actividades programadas, ademais de promoción de merchandising, repartición de globos e piruletas na presente edición, o Concello de Marín decidiu programar un Showcooking ou talleres de cociña onde exaltarán o produto que diariamente se vende no mercado. O cociñeiro convidado será Iñaki Bretal, Chef do Restaurante O Eirado dá Leña e membro fundador do Grupo Nove, o cal forman, os cociñeiros máis prestixiosos de Galicia, Pepe Solla, Pepe Vieira, Javier Oleiros, Yayo Daporta e a marinense Beatriz Sotelo.
O protagonista desta actividade, ademais do produto, serán os usuarios xa que desde as 10:30h da mañá poderán participar nestes talleres de cociña. Iñaki Bretal explicará unha receita onde os usuarios tomarán nota e verán a súa elaboración, ademais de degustala e discutila.
Está previsto que se realicen 3 receitas diferentes ao longo de toda a mañá, desde as 10:30 ata as 13:30 e unha sobremesa, todos eles coa diversidade de produtos que ten na actualidade o Mercado Marinense. Acompañando a esas actividades, os usuarios poderán levar diferentes obxectos promocionais.

Anterior Andainas de Primavera 2016.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados