5 abril 2021
O Concello de Marín adheriuse recentemente ao programa da Xunta de Galicia Xantar na Casa, un programa de atención aos colectivos de persoas maiores e persoas en risco de exclusión social, que ten por obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas.
Este servizo de comida a domicilio pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas usuarias.
Tal e como explican fontes do departamento municipal de Servizos Sociais, a xestión deste programa realízase a través do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar e son os técnicos do noso municipio os que teñen que xestionas as solicitudes.
Nesta liña, desde Servizos Sociais informan de que aquelas persoas que queiran formalizar a súa solicitude terán que cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Ser persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que poida suplir tal situación
- Ser persoas dependentes, que carezan de apoio familiar e que requiren de axuda para a preparación de alimentos
- Ser persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, técnicamente avaliadas polos Servizos Sociais do Concello
A previsión que realiza Servizos Sociais para o noso Concello é de 15 persoas usuarias.
Para poder tramitar a solicitude de adhesión ao programa, será preciso chamar a Servizos Sociais para solicitar unha cita. O número é 986838117.