Seixo xa ten en funcionamento o seu novo aparcadoiro disuasorio público e gratuíto

Seixo xa ten en funcionamento o seu novo aparcadoiro disuasorio público e gratuíto

26 marzo 2021

Seixo xa ten habilitado o seu novo aparcadoiro público, unha parcela cunha superficie de 824 metros cadrados, á altura do número 120 da Rúa Doutor Otero Ulloa e que terá capacidade para o estacionamento de entre 35 e 40 coches.

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage, achegouse ata a zona este mediodía, para comprobar como quedou a parcela xa habilitada como aparcadoiro público, despois de que se limpase e se lle botase unha capa de zahorra para poder comezar a darlle o seu novo uso.

Ramallo quixo destacar “o traballo e o esforzo que estamos a realizar desde o Goberno local para conseguir novas áreas de estacionamento, que permitan mellorar o reparto do espazo”. A alcaldesa adiantou que nas vindeiras semanas presentarase unha campaña relativa a esta cuestión que axudará á cidadanía “a localizar e utilizar estes aparcadoiros, que son céntricos e supoñen unha alternativa de estacionamento perfecta para cando precisamos deixar o noso vehículo un tempo medianamente longo”.

No que respecta á parcela de Seixo, tratábase dun servizo moi demandado pola cidadanía da parroquia, xa que o terreo está moi preto de todos os puntos de interese máis importantes de Seixo: o pequeno comercio, os locais de hostalaría, o Mercado de Abastos, a Igrexa parroquial, a Casa de Cultura ou a Alameda.

En total, en todo o termo municipal, o Concello habilitou nos últimos anos 12 aparcadoiros disuasorios, algúns deles que están en proceso de habilitación, como os recentemente conseguidos tras as negociacións co INVIED na contorna do Centro de Saúde.

 

 

Anterior O Concello adhírese ao Fondo de Financiamento para as entidades locais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados