Trátase de tres rutas que se levarán a cabo nos meses de xaneiro, febreiro e marzo do presente ano, dándolle así continuidade as andainas culturais de outono. este caso, as actividades se adecúan a época do ano e por iso consistirán en visitas a Museos nas que a metereoloxía non terá ningún tipo de incidencia.
O vindeiro sábado día 23 de xaneiro a visita será o MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE, en Vigo. Este Museo reune unha parte da colección da Fundación Liste, a única visitable xa que a existente no MuseoEtnofráfico “Olimpio Liste” de Oseira non é accesible neste momento ao estar pechado o público. Con máisde 2.500 pezas, a través do percorrido polas distintas salas é posible achegarse a cultura tradicional galega a través de aspectos da vida cotiá como o cultivo do centeo, o carro, os oficios, a madeiraou a menciña popular. Moitos destes obxectos tiveron sentido e foron utilizados en actividades agora xa abandonadas.
A saída será ás 11.30h da Praza de España en autobús e a visita guiada ao Museo terá unha duración entorno a 1h 15 min retornando a Marín no autobús.
O 21 de febreiro a visita será o Museo de Pontevedra e o 20 de marzo os Museos Arqueolóxicos de Braga, Portugal.
Estas tres rutas a través da Historia serán guiadas por persoal dos propios Museos e con información complementarias do arqueólogo que acompañará o grupo nas visitas.
Nos tres casos se utilizará o autobús para o desprazamento, sempre con saída e chegada a Praza de España.
O número máximo de inscritos é de 50 para cada unha das actividades, non podendo acudir por libre o museo para visitalo. Tamén será imprescindible que todos os inscritos saian da Praza de España para poder levar un control preciso do grupo.
A inscripción farase no Museo Torres podendo anotarse unicamente para cada unha das saídas e tendo preferencia na inscripción os veciños de Marín.