Reunión traballo nave deportes náuticos.

Reunión traballo nave deportes náuticos.

O concelleiro de deportes Antonio Traba Miñones reuniu ó grupo de traballo para expoñer as xestións realizadas relativas á ubicación da nave de deportes náuticos.

Na reunión foron convocados un representante de cada grupo municipal, dos clubes de deportes náuticos, remo, piragüismo e vela, das federacións implicadas que asitiron de remo e de piragüismo.

Durante a tarde de onte esgrimíronse as posibilidades da súa futura ubicación, desprazándose ata a zona de espazos gañados ó porto para tratar de encaixar a ubicación e así poder encargar un proxecto que teña en conta o entorno, o espazo que debe ter para a práctica deportiva, as experiencias que as federacións teñen de instalación que coñecen noutros concellos e mesmo fora de Galicia, e tratar entre todos de ter claros algún aspectos para poder encargar un proxecto, cun orzamento detallado, valorado e que poidan ser obxecto da búsqueda de fondos económicos que consigan a súa construcción.

As vías de financición estanse explorando, tratando de poder plantear a través de fondos europeos, sen descartar a solicitude de axudas a través da deputación de Pontevedra ou do mesmo concello.

A reunión foi fructífera, expoñéndose pros e contras doutras posibilidades e tratando de buscar una liña de actuación que posibilite que os pasos se dean nunha dirección que sexa a máis acertada e conveniente.

A cercanía co mar e no Paseo Alcalde Blanco preto do espazo recentemente gañado na cesión de espazos do Porto o fan o máis aconsellable, recomendable e desde o punto de vista práctico a mellor solución para poder facer un plantexamento que deberá contemplar outros usos planteados nesa parcela, a súa adecuación ó entorno e o uso de materiais coidados, tendo en conta que non resulta o mesmo esta ocupación cun extraordinario valor paisaxístico nin debe impedir outros usos que deben planificarse nesta apertura de uso público e mellora desta zona de tan alto valor.

Seguirase a dar pasos nesta liña e traballarase na consecución dun proxecto conxunto que contemple as necesidades expostas polos clubes deportivos, quedando pendentes de futuras reunión e incluso cando se esté redactando o mesmo de desplazarse a ver outras instalación que resulten cómodas, prácticas e que melloren a práctica deportiva.

Anterior Finalización e visita as reparacións na Rúa Fuente del Oeste.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados