Reunión Mesa Contra á Violencia de Xénero

Reunión Mesa Contra á Violencia de Xénero

O día 18 de outubro, ás 13.00 horas, nas instalacións da casa principal da Finca de Briz, tivo lugar a reunión da Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero do Concello de Marín.

Este organismo de traballo leva funcionando dende o ano 2005 e está formada por profesionais da UFAM da Comisaría de Marín, representantes da Policía Local, a traballadora do centro de saúde de Marín, a xefa da Área de Violencia de Subdelegación do Goberno, Paz Pérez Asorey, técnicas municipais de Servizos Sociais e o CIM, a Concelleira de Benestar Social Marián Sanmartín, un representante do Ilmo Colexio de Avogacía de Pontevedra en Marín, as técnicas do PIF municipal e unha representante dos centros educativos do municipio.

Na orde do día da convocatoria tratáronse os seguintes puntos de interese:
1. As bases para a elaboración da Declaración da Mesa contra a Violencia de Xénero ao abeiro do Día internacional contra a Violencia de Xénero.

Acordouse dar conta da influencia das redes sociais e os xogos virtuais na perpetuación dos estereotipos sexistas e a normalización da violencia entre a poboación máis nova, facilitaranse datos estatísticos sobre as características dos casos de violencia machista denunciados en Marín facilitados por Subdelegación do Goberno de Pontevedra e unha especial mención ao incremento de asasinatos de fillos e fillas por parte do proxenitor para causar dano á proxenitora.

2. Achegas para a creación da Guía básica de recomendacións para a abordaxe da violencia machista no ámbito veciñal, recollida na Área de Violencia de Xénero e Discriminación do III Plan Estratéxico entre Mulleres e Homes do Concello de Marín. Os responsables das Forzas e Corpos de Seguridade indicaron a necesidade de sensibilizar as mulleres para que presenten denuncia de malos tratos se están inmersas nunha relación de parella abusiva e a importancia da información á veciñanza para concienciarse sobre a súa responsabilidade na detección de posibles casos na súa contorna. Esta guía a modo de recomendacións realizarase para ser útil en calquera acto ou xuntanza de asociacións co obxectivo de actuar de maneira preventiva contra a violencia de xénero.

A próxima reunión quedou fixada para o 24 de xaneiro de 2019

Anterior Bando Cemiterios Municipais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados