Reunión do Consello Municipal da Muller.

Reunión do Consello Municipal da Muller.

” O día 25 de xaneiro, ás 10.00 horas da mañá, reuníronse nas dependencias do Concello, as persoas que forman parte do Consello Municipal da Muller. Os puntos a tratar foron os seguintes:

  • Designación do colectivo ao que se dedicará o 8M. Este ano, o CMM decidiu que a conmemoración do Día Internacional da Muller, fóra adicada ás mestras, polo que se lle fará unha homenaxe pública onde se visibilizará o seu labor como transmisoras da cultura e promotoras da educación da infancia, nunha época onde a educación non era de carácter obrigatorio e moitas nenas e nenos tiñan que abandoar a escola para traballar e colaborar coa familia econonomicamente.
  • Actos do Día Internacional da Muller. Como cada ano, serán os centros educativos o obxectivo do traballo do persoal técnico do CIM, ademáis do propio acto institucional que terá lugar na Praza 8 de Marzo, se o tempo o permite, e o reparto de agasallos relacionados coas mestras. Así mesmo, propúxose o visionado dalgún documental sobre as mestras e documentos históricos da súa condición en épocas da nosa historia máis recente.
  • Achegas para a elaboración do Manifesto do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O CMM traballou na elaboración dun documento consensuado onde se destacan datos sobre a situación da muller no mercado laboral actual, o longo camiño que está pendente para acadar a igualdade entre mullers e homes e faise referencia ao nacemento da conmemoración da data do 8 de marzo como “Día Internacional da Muller”.

A data da seguinte reunión ordinaria do Consello Municipal da Muller terá lugar no mes de xuño.

Anterior Sorteo público 6 postos mercadillo de Seixo.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados