Na tarde noite do pasado xoves, a alcaldesa de Marín María Ramallo, acompañada dos concelleiros de medio ambiente e benestar social Marian Sanmartín e do de medio rural Pablo Novas, reuníronse con algúns veciños de Loira para explicarlles algún aspectos da obra que se vai a executar por parte de Costas do Estado coa ampliación do paseo e a mellora do firme nun tramo ata conectar coa subida á Cova.
Na reunión expuxéronse os detalles máis importantes, coa pasarela de madeira que cubrirá 100 m do paseo, ampliando a súa capacidade para acceso de peóns, e tratar de facer este espazo máis accesible, de acordo co entorno no que estamos.
A reparación e construcción das zonas da escolleira que están nun estado moi deteriorado, a parte asfaltada e a parte que se levará a cabo con formigón, de cara a facer una zona de caminar fácil, accesible e mellorada en canto á súa comunicación.
A obra contempla un mirador no espacio máis despexado na subida ó monte da Cova, facendo que este espazo recupere con esta inversión una zona de atractivo turístico moi importante neste privilexiado lugar.
Costas iniciará as obras este próximo luns, tratando de levalas a cabo nos próximos meses, tendo en conta que este momento é máis doado para poder traballar neste entorno e non interferir cando o tempo sea mellor de cara á primavera e verán.
Os veciños fixeron preguntas relativas ós aspectos máis importantes do mesmo, que foron contestadas, así como a formulación de peticións de mellora do tráfico, aparcamentos sobre todo durante o verán, que a praia se enche de usuarios e para os veciños a movilidade neste entorno atópase difícil.
Quedouse en valorar algunha das opcións expostas, tratando de acompasalas coas peticións e necesidades de todos.
Expuxéronse tamén melloras a realizar máis adiante de cara a asfaltar un camiño que é moi frecuentado e que necesita unha reforma, que está dentro do seguinte plan de camiños que para o ano que ven realizarase.
A reunión foi positiva e ó longo destes días daranse xa os primerios pasos que ofrezan a posibilidade de que este entorno coa Mellora deste Paseo vai experimentar.
Ten un presuposto de 314.389,33 € euros que se invirtirán nesta actuación financiada ó cen por cen polo Ministerio de medio ambiente a través do organismo de Costas do Estado, redactora do mesmo e impulsora desta gran mellora.