O día 19 de outubro ás 10 horas na casa consistorial, reuniuse o Consello Municipal da Muller, para dilucidar os seguintes puntos da Orde do Día:
- Renovación da composición do Consello Municipal da Muller.
Renóvase a representante do BNG, a titular do PSOE e a nova incorporación de Marea Veciñal de Marín. Incorpórase unha nova asociación de mulleres denominada “Asociación de mulleres, intercambio do saber” e dúas asociación veciñais con vogalía de muller “San José de Cantodarea e Santa María do Campo”. - Revisión do punto 3 recollido na Moción Conxunta do 25N de 2014, dos grupos políticos municipais sobre a Declaración da Mesa contra a Violencia de Xénero co apoio do Consello Municipal da Muller do Concello de Marín, aprobada polo Pleno da Corporación.
Acordouse que durante todo o mes de novembro colocaráse un cubo cun lema contundente contra a violencia machista e colocaráse un plóter cada vez que se produza un asasinato dunha muller por parte da súa parella ou ex parella. Estes acordos serán trasladados ao pleno municipal a través dun manifesto que se elaborará o abeiro do 25 de novembro (Día Internacional Contra a Violencia de Xénero). - Elaboración do Manifesto do 25 de novembro de 2015, en base á Declaración acordada na Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero.
Déuse lectura á declaración da Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero e achegouse para o seu estudo o manifesto realizado polo BNG, deixándo aberta a súa redacción para incluir outras achegas das compoñentes do consello. - Designación das persoas ou institucións agasalladas na 6ª edición dos Premios Lazo Violeta.
Por unanimidade acordouse outorgar os premios Lazo Violeta de este ano ás Asociacións de Mulleres Municipais; “Asociación de Amas de Casa”, “Asociación de Mulleres O Abeiro”, “Asociación de Mulleres Marroquís Al Amal”, “Asociación de Mulleres Virxe do Porto”, “Asociación de Mulleres, intercambio do saber” e haberá unha distinción especial que se vai personalizar de forma particular. - Actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.
Traballarase cos centros educativos en primaria, secundaria e bacharelato, a través de materiais adaptados ao seu curriculum e faráse partícipe á cidadanía a través de actos institucionais e actos públicos visibles na rúa.
- Rogos e preguntas.
Fíxose partícipe a todas as membros do Consello da “Marcha Estatal Contra las Violencias Machistas” do 7 de novembro que terá lugar en Madrid, organizada por plataformas feministas. Informóuse da colaboración da diputación de Pontevedra, a través dunha iniciativa da plataforma feminista galega, dun servizo de autobuses gratuitos para viaxar de Pontevedra a Madrid. A saída terá lugar o 6 de novembro ás 23:30 horas da alameda de Pontevedra. O último día de reserva é o 3 de novembro. (Email: pfgpontevedra@gmail.com Telf.: 986866276. Luns a Venres de 09:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas).
Rematou a xuntanza do Consello Municipal coa data da próxima reunión, o día 25 de xaneiro de 2016.