Esta mañán tal e como tiñan anunciado manifestáronse e concentrándose as mariscadoras a pé, representantes do marisqueo a flote e bateeiros das tres Cofradías do fondo da ría, Raxó, Pontevedra e Lourizán ante o concello de Marín.
O obxectivo é reivindicar o saneamento da ría que está provocando problemas no sector polo peche de zonas de marisqueo.
Posteriormente os representantes reuníronse no concello coa alcaldesa María Ramallo para insistirlle en que é necesario ter unha reunión cos Concellos e a Xunta de Galicia, Augas de Galicia e o sector para ter moi claro as obras que hai que facer por parte de todos, a administración da Xunta de Galicia, os Concellos da ría, a aplicación dos Fondos Europeos, a contratación das auditorías precisas para tratar entre todos de poñer todos os medios para encauzar un problema.
Trasmitíronlle a necesidades de que todas as partes nos poñamos de acordo, rememos na mesma dirección, acometamos as melloras no curto e longo prazo e sexamos capaces de unir esforzos.
Representan a moita xente que neste momento non pode vivir do mar o do sector por estar a ría en malas condicións.
A alcaldesa recoñeceu desde o primeiro momento que este tema é para solucionar entre todos e que é necesario poñerse de acordo, contar os problemas existentes, darles unha resposta técnica, acordar inversións e canto antes.
Comprometeuse a estar como sempre, nas reunións que se convoquen, e ter canto antes a reunión coa Xunta de Galicia.