Representantes da Asociación “Festimar”, reuníronse coa concelleira de Turismo, para perfilar os detalles das actividades que van realizar durante estes meses, co obxectivo de recaudar fondos para a celebración da súa actividade estrela o Festiva de Música Festimar.
A primeira no tempo será o II Torneo de futsal de Festimar, que levarase a cabo no pavillón da Cañota de Marín, e terá lugar os ´dias 24 e 25 de marzo, en horario de 9 a 21 horas. Tamén están xa organizando a celebración de Xan Xoan, e voltar a realizar actividades no parque azul.
O Concello de Marín ten a intención de seguir colaborando económicamte con este evento, que cumpriría este ano a súa V edición, e que chegou para quedarse , e ser referente para a xente nova.