Unha vez rematado o mes de Xullo, os socorristas contratados polo Concello de Marín para velar pola seguridade dos bañistas das praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira y O Santo, fixeron un total de 397 atencións, das cales 45 sucederon na praia de Portocelo, 73 en Mogor, 70 Aguete1, 75 Aguete2, 100 en Loira e por último 32 no Santo.
Dentro das atencións menores que realizaron, destaca o habitual de todos os veráns, que son as picaduras de faneca con 66, as picaduras de vespas cun total de 44, 109 feridas e 52 avisos a cans.
O resto de atencións menores tiveron pouca incidencia ou relevancia deixando os seguintes datos:
● 16 avisos a embarcacións
● 12 avisos a pescadores
● 20 atención a outras picaduras
En canto ás atencións maiores, sinalar 4 golpes de calor en Mogor e Aguete 1, un rescate acuático en Aguete 2 (dunha persoa invidente) e tres nenos perdidos nas praias de Aguete e Loira (sen consecuencias maiores).
Por último, deuse un aviso ás autoridades con traslado de ambulancia na praia de Portocelo por un atropelo na zona do aparcamento.