Restauración da Ponte do Campo.
Logo61

Restauración da Ponte do Campo.

O Concello está licitando a obra relativa Á Restauración e mellora da Ponte do campo.

A actuación que se pretende levar adiante en dita ponte e na súa contorna na parte que afecta á corrente de auga para conseguir a rehabilitación da estructura da ponte e recuperar as condicións naturais para que a corrente de auga non afecte a súa estabilidade.

Con data 27 de marzo de 2015 redáctase un proxecto básico para a RESTAURACIÓN DA PONTE DE O CAMPO, en base ó cal tramitáronse as autorizacións previas nos entes públicos de patrimonio e augas de Galicia, obténdose ambos informes favorables.

Englóbanse dúas fases, e que a que agora se acomete é a relativa á Fase I.- Restauración Estructural na que se inclúe:
– O recoñecemento do obxecto de intervención.

– A reparación da estructura.

– A reposición dos servizos afectados.

– A reconstrucción das condicións da contorno que permitan un caudal uniforme baixo a ponte.

A Ponte do Campo atópase ubicado sobre o río Loira no vial que une os núcleos rurais de O Campo e OCoto, nun contorno natural na que se foi humanizando a paixase, formando camiños, tendendo pontes que permitan cruzar ríos e levantando construccións auxiliares como molinos, lavadoiros, etc.

A configuración da ponte trátase dunha ponte de tradición constructiva popular formado por cinco vanos adintelados de luces entre os 1,55 e 2,50 metros, formados por lousas de pedra

PRESUPUESTO BASE DE LICITACIÓN…………………………… 45.985,17 €

IMPORTE DO I.V.E. ⁄…………………………………………………….. 9.656,89 €

TOTAL………………………………………………………………………….. 55.642,06 €

O Proxecto ascende á cantidade de CINCUENTA E CINCO MIL SEISCENTOS CORENTA E DOUS Euros con SEIS Cts. (55.642,06)

Anterior Lista admitidos Conserxe e data do exame.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados