Reparación das grietas do Lago de Castiñeiras

Reparación das grietas do Lago de Castiñeiras

A concelleira de Medio Ambiente, acompañada polo técnico municipal, trasladouse ata alí, para comprobar os traballos co Técnico de Augas de Galicia.

O primeiro que se fixo para poder realizar estas obras foi vaciar a lagoa de peixes e outras especies por parte do Servizo de Conservación da Xunta de Galicia de Pontevedra, que gardaron as troitas do país para repoboar a Lagoa de Castiñeiras unha vez rematen as obras, e así poder volver a ter un coto de pesca nun período breve de tempo.

E despois fixéronse os traballos do muro e da zapata para sellar as grietas e eliminar a perda de auga da lagoa.
O Concello de Marín, co visto bo das CCMM de San Xulián e Santomé, foi o encargado de desenvolver as obras, que contaron co informe favorable de Augas de Galicia.
Unha vez rematados todos os traballos, na mañá de hoxe se pecharon as comportas para que o Lago de Castiñeiras recupere o seu aspecto habitual, estando cheo coa capa de auga, que permita que o seu entorno luza no seu máximo esplendor.

Anterior Medio Rural destinou 130,000 euros para mellorar camiños

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados