Remate obras Rúa da Costa.

Remate obras Rúa da Costa.

Proxecto de Renovación de saneamento e pavimentación da rúa da Costa que se está executando estos días, é unha  actuación de notable importancia para o concello, por tratarse dunha renovación da rede de saneamento e o pavimento que é un camiño habitual de usuarios do “Instituto de Educación  Secundaria Chan do Monte” e do “Colexio San Narciso”, así como moitos veciños que acceden por ahí e tamén ás rúas colindantes.

 Ordénase a seguridade vial ó ordenar o tráfico rodado e peonil cunha nova pavimentación que diferencie o ámbito de utilización dos usuarios de vehículos e peonís.

 A rede de saneamento que se diseña é separativa polo cal non cabe considerar aportacións de auga de chuvia ó colector de residuais proxectado.

 costarua

O proxecto a executar tiña un Presuposto de 209.857,45 € e resultou adxudicataria a empresa ORESA, S.L. por un prezo de 174.993 € que presentou a oferta que acadou maior puntuación.

Coa partida da baixa da obra, solicitouse en base a unha actuación nesa contorna a mellora na zona do camiño de Cividanes, Jorge e Dichosa da canalización de auga que se atopa en moi mal estado, estando á espera de recibir contestación de Patrimonio e da autorización para proceder á súa contratación.

A obra da Costa estará prácticamente finalizada a semana que ven, pudendo xa apreciarse unha notable mellora nos accesos e no pavimento.

Anterior Expediente de recoñecemento de créditos.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados