Rematado o proxecto de mellora do saneamento e o abastecemento en Arealonga – O Marco

Rematado o proxecto de mellora do saneamento e o abastecemento en Arealonga – O Marco

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron hoxe o proxecto rematado no Camiño de Arealonga – O Marco, na parroquia de San Xulián, grazas ao cal se melloraron as condicións de habilitabilidade desta zona, mellorando os servizos municipais de saneamento, abastecemento e accesibilidade.

Con esta obra tamén se renovou o pavimento desta estrada e se realizou un desbroce e limpeza de todo o terreo, retirando a maleza e o material de refugallo.

O proxecto foi levado a cabo pola empresa Construcciones Vale SL por un importe total de 37.954,56 euros (IVE incluído).

Anterior O Concello inicia o procedemento para a contratación do novo contrato de limpeza de edificios municipais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados