Esta contía sae tanto das subvencións nominativas, que hoxe foron rubricadas entre os representantes das entidades e a alcaldesa, María Ramallo, así como do resto de gastos de colaboración que se invisten en actividades para recadar fondos.
Marín, 23 outubro 2024
Máis seguridade viaria e unha mellor distribución do espazo urbano. Iso foi o que se conseguiu co proxecto de repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal, executado por COVISA e que xa está rematado.
A inversión realizada foi de 53.240 euros. Desta contía, o 65% foi financiado a través de dúas baixas do Plan Concellos 2022 e do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, sendo o resto aportado polos fondos propios do Concello.
En total, actuouse sobre 3.200 metros cuadrados de superficie, creando un itinerario peonil obligado de acceso ao centro escolar, polo que se mellorou significativamente a seguridade dos nenos e nenas que acuden.
Tamén se rehabilitou o pavimento do firme da vía, colocáronse reductores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúen ao calmado de tráfico no entorno do centro e renovose a sinalización, tanto horizontal como vertical. Ademais, realizouse unha limpeza e desbroce das marxes e das cunetas.