Rematada a substitución da cuberta do lavadoiro da Roza e o acondicionamento da súa fonte

Rematada a substitución da cuberta do lavadoiro da Roza e o acondicionamento da súa fonte

O Concello de Marín, na súa liña de mellorar e de integrar a nivel paisaxístico os lavadoiros da vila, vén de rematar a obra de substitución da cuberta do lavadoiro da Roza. Esta actuación supuxo tamén o acondicionamento da súa fonte e do seu entorno, facendo un traballo integral de remodelación deste enclave etnográfico, turístico e cultural, cunhas vistas envexables do municipio.

Antes da intervención, este lavadoiro, moi utilizado pola veciñanza da zona, non contaba cunha cuberta axeitada, aínda que se conservaban os muros da antiga. Os traballos realizáronse con cargo a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, cuxo importe ascendeu a 29.753,03 euros.

Unha actuación similar foi a que se levou a cabo no lavadoiro Río de Casás, onde a mellora foi notable e onde a paisaxe quedou moitísimo máis integrada.

O Concello anima a todos os amantes do patrimonio e destas pezas tan singulares a consultar a web lavadoirosdemarin.com, na que se recollen todos os lavadoiros, cunha galería fotográfica, a súa ubicación e características.

Anterior O Concello valora a creación de máis bancos similares ao que se ubicará en Briz cunha mensaxe de loita contra a violencia machista

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados