Rematada a renovación do pavimento no Camiño dos Sapos e na Rúa Coteiros

Rematada a renovación do pavimento no Camiño dos Sapos e na Rúa Coteiros

06 xaneiro 2021

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, visitaron esta semana os traballos de renovación do pavimento no Camiño dos Sapos e na Rúa Coteiros, recentemente finalizados. Este proxecto forma parte da aposta polo Goberno local de mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria dos veciños no termo municipal, facilitando a convivencia e o goce do espazo público.

Estes dous camiños pertencen á parroquia de Santa María do Porto e agora contan co seu pavimento integramente o seu pavimento e a súa sinalización.

A lonxitude aproximada do tramo a renovar é de 242 metros, aos que se deben sumar outros 44 metros dun ramal secundario que tamén será obxecto de renovación.

A actuación estivo motivada polo mal estado no que se atopaba este área debido ao uso, ao paso do tempo e aos efectos derivados dos fenómenos meteorolóxicos. Coa mellora non se viu afectado o actual espazo adicado ao estacionamento.

Anterior Alter Saúde entrega ao Concello o diñeiro recadado para as ONGs na súa campaña solidaria

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados