21 maio 2021
O Concello leva recibidas, desde a apertura do prazo de presentación, máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos municipais de conciliación que se ofertan para os meses de verán, dirixidos para rapazada de entre 3 e 12 anos.
A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, lembra que o prazo remata o mércores da semana próxima e aínda quedan prazas, “xa que en total ofertamos 250”.
A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín, ou presencialmente, presentando a documentación requerida no Rexistro municipal.
Para facelo de xeito online é preciso contar con un certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitarse ao Concello para conseguilo a través deste link: http://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/
No caso de que a solicitude de praza para o campamento se realice de maneira presencial é obrigatorio pedir cita previa, ben a través deste enlace (https://sede.concellodemarin.es/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqGlHCxwyah nGY0nQWQdIwck8HyJ2zrAVvRqgoeLAaM1KLV1sdjUoL42vFMc8B3XbhQ==) ou chamando ao teléfono 986 88 03 00. Neste caso, o máximo de solicitudes que pode presentar unha persoa é de 5.
O precio será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno ou nena.
Forma de pago
O pago do prezo público poderá realizarse mediante domiciliación bancaria, por pago telemático ou de xeito presencial nas oficinas da Tesourería municipal.
Para o pago por domiciliación bancaria, o solicitante debe autorizar ao Concello de Marín para adebedar na conta que se indique (da que o solicitante debe ser titular) o importe do prezo público. O cargo na conta será realizado o 4 de xuño de 2021.
A domiciliación que se autorice será exclusiva para o pago do prezo público de campamentos de verán do ano 2021, non afectando ao outros tributos ou ingresos de dereito público nin a períodos posteriores. Se o cargo do prezo público non é atendido nos prazos establecidos para elo, considerarase que NON foi efectuado o pago.
No caso de realizar o pago telemático, haberá de prazo ata o día 7 de xuño de 2021. Para elo o solicitante pode efectuar o pago con cargo a unha tarxeta bancaria a través da pasarela de pago do Concello de Marín. O procedemento a seguir é o seguinte:
• Entrar na sede electrónica do Concello de Marín (sede.concellodemarin.es)
• Clickar na opción RECIBOS E IMPOSTOS > módulo de AUTOLIQUIDACIÓNS DE TAXAS E PREZOS PÚBLICOS > opción CAMPAMENTOS DE VERÁN
• Xerar a autoliquidación. Deberá efectuarse a correspondente autoliquidación por importe de 30,00 euros.
• Elixir opción de pago: unha vez elaborada a autoliquidación deberá escollerse a opción de PAGAR ONLINE, que o dirixirá a unha pasarela de pagos na que se pode efectuar o pago con cargo a unha tarxeta emitida por calquera entidade financeira.
• Efectuar o pago. Elixir a opción de PAGO POR LA PASARELA DE CECA e premer o botón de PAGAR CON TARJETA
Se o pago quere realizarse presencialmente nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín, deberá ser en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 11 de xuño, para o que
debe solicitar cita previa na sede electrónica do Concello de Marín ou chamando ao número de teléfono 986 88 03 00.