A Raña será o centro da ximansia esta fin de semana cunha Copa Internacional que lembrará o legado de Pablo Hinojar
A Raña será o centro da ximansia esta fin de semana cunha Copa Internacional que lembrará o legado de Pablo Hinojar

A Raña será o centro da ximansia esta fin de semana cunha Copa Internacional que lembrará o legado de Pablo Hinojar

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, acompañados de Blanca García Señoráns, xefa territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Ximnasia, presentaron este evento, que traerá a Marín a máis de 300 deportistas

Marín, 20 marzo 2025

A XV Copa Galicia Internacional de ximnasia trampolín sempre é unha cita esencial no calendario deportivo de Marín, pero este ano aínda ten un plus máis especial, xa que se fará o I Memorial Pablo Hinojar, para que todo o mundo da ximnástica poida recordar o legado do que fóra seleccionador española desta modalidade ata o seu falecemento.

O evento, que durará toda a fin de semana e se emplazará no Pavillón da Raña, foi presentado esta mañá pola alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, acompañados de Blanca García Señoráns, xefa territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Ximnasia.

Belén Ferreira, secretaria da Federación, explicou que esta edición “ten récord de participación, con 300 participantes que se dividen por grupos de categorías e aparatos”. A directiva do ente deportivo tamén tivo palabras para Hinojar, “porque era un campionato no que el traballaba moito para que saíse adiante e queremos que sexa un recoñecemento a todo ese traballo”.

Pola súa parte, a alcaldesa destacou o importante legado “dunha figura esencial para poñer a ximnasia no punto tan alto no que está” e desexoulles a todos os deportistas que estarán en Marín esta fin de semana “que esteades da mellor maneira posible”.

Anterior O Concello publica as persoas agraciadas do bono de viaxe de 500 euros pola campaña de dinamización comercial polo Día do Pai

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados