Ramallo visita as obras da piscina municipal

Ramallo visita as obras da piscina municipal

As obras da piscina municipal avanzan a bo ritmo, tal e como comprobaron hoxe a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín, que realizaron unha visita de obra á instalación deportiva acompañadas dos responsables de obra.

Estase  a  intervir  nas  distintas  partes  do  inmoble:  as fachadas, as cubertas, as estruturas metálicas e o interior dos vestiarios e do ximnasio, renovando aqueles materiais protectores que estaban envellecidos polo paso do tempo e o uso, como o caso da pintura.

Precisamente,  a  parte  que  afecta  máis  ao  exterior,  como  as  pinturas  ou  a impermeabilización do teito, son as tarefas que miran máis cara ao ceo, porque a chuvia retrasa a súa execución pero incluso a pesar diso os traballos avanzan a moi bo ritmo.

Dentro do proxecto, ademais, desmontarase completamente a instalación actual que hai de paneles solares, xa que nestes momentos está obsoleta. Quitarase a estrutura de aluminio e vidro do tellado para repoñela, algo semellante ao que se fará co lucernario que ilumina o graderío da piscina, que tamén está nun estado comprometido.

Asemade, excutarase unha nova cuberta e retirarane todas as mallas metálicas que serven de peche e que non estean en boas condicións. Farase unha limpeza xeral das fachadas e renovaranse aqueles paneis que así o precisen por presentar deterioros.

No que respecta aos vestiarios, renovarase o pavimento existente e demolerase o falso teito continuo de ferro de escaiola, mentres que no ximnasio tamén se levantará o entarimado de madeira para substituílo por baldosas de gres antideslizantes.

O orzamento é cercano aos 604.000 euros, que irán con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Subrogación dos traballadores e concesión prorrogada

En canto á parte laboral, a concesión de explotación do centro está prorrogada e as persoas traballadoras están en ERTE e serán subrogadas coa seguinte concesión.

Esta contratación cubre a xestión, coidado e desenvolvemento de actividades tanto na piscina climatizada, como nas salas de fitness e no resto das dependencias da instalación deportiva.

Anterior O Concello recibe unha axuda provincial para redactar o proxecto de humanización do entorno de Serafín Tubío e Augusto Miranda

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados