Ramallo reúnese coa directiva de Musimarín para xestionar o seu traslado á EEI Nosa Señora do Carme

Ramallo reúnese coa directiva de Musimarín para xestionar o seu traslado á EEI Nosa Señora do Carme

28 xuño 2022

O traslado da unidade de Educación Infantil da EEI Nosa Señora do Carme ao CEP Sequelo supón unha oportunidade de aproveitamento desas instalacións educativas para poder seguir apostando pola formación, a ensinanza e a cultura. Así o entenden desde o Concello de Marín, que pensaron en como darlle un uso sociocultural e dinamizador ao inmoble.

Así, a alcaldesa, María Ramallo, mantivo unha reunión coa directiva da Escola de Música Musimarín, para ofrecerlle a eles que trasladen a súa sede, actualmente no CEIP da Laxe, á Nosa Señora Virxe do Carme, unha opción que lles pareceu moi boa e pola que mostraron moito interese.

“Esperaremos a que remate oficialmente o curso para solicitarlle formalmente á Xunta de Galicia a cesión da escola para poder iniciar esta transición, xa que consideramos que pode ser unha moi boa sede para esta escola, que ten tanto alumnado e que cada vez precisa instalacións máis axeitadas, nas que poidan levar adiante ensaios de distintos instrumentos simultáneamente”, explicou a rexedora.

Desde Musimarín, mostraron a súa satisfacción por esta posibilidade e agradeceron ao colexio da Laxe a súa disposición até o de agora para acoller a súa actividade.

Anterior O verán arranca motores en Marín coa XV Concentración Moteira

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados