Ramallo comproba o bo ritmo de avance das obras de humanización da Avenida de Ourense

Ramallo comproba o bo ritmo de avance das obras de humanización da Avenida de Ourense

05 febreiro 2021

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada das edís de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, visitou aos técnicos que están traballando na parte axardinada da humanización da Avenida de Ourense. A primeira fase desta obra, que é un dos grandes proxectos da estratexia Marín Dusi, está moi avanzada.

Tal e como comprobou a rexedora, as árbores están xa plantadas e os parterres case finalizados, á falta dos retoques finais co corcho que lles acompaña. No que respecta ao lote adxudicado para a renovación das luminarias, aínda están por colocar as que irán discorrendo ao carón do novo carril bici.

As novas árbores da avenida son exemplares de seis metros de alto de perais de flor (Pyrus calleryanna president). No que respecta ás plantas, as especies elixidas que ornamentarán son distintos tipos de Nandina domestica, de Leucothoe axillaris, Leucothoe scarletta e gramíneas como Muhlnbergia capillaris e algunha especie de Pennisetum alopecuroides.

En total, serán máis de 3.000 unidades de plantas as que embelecen a nova Avenida de Ourense, sendo especies elixidas polo bo aspecto que terán ao longo de todo o ano, cun mantemento sinxelo.

A alcaldesa mostrou a súa satisfacción polo bo ritmo que está levando esta obra de humanización, que agora comezarán coa súa segunda fase. Este proxecto foi impulsado despois da gran obra de saneamento que executou previamente Augas de Galicia na avenida: a renovación do colector por un de máis capacidade para sanear a ría.

Anterior O Concello proxecta unha pump-track para o ocio urbano e un parque infantil na contorna do río Lameira

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados