A aula CeMIT do Concello de Marín colabora co proxecto Ágora Tecnoloxía organizado por Fegaus en colaboración coa Fundación Vodafone España, cuxo obxectivo é achegar ao colectivo Sénior, máis de 45 anos, o uso das novas tecnoloxías, en concreto as distintas aplicacións de dispositivos móbiles para un envellecemento activo.
Dende esta aula poderase acceder ás diferentes conferencias online a través dunha plataforma de comunicación. As temáticas e horarios de cada charla serán:
- Martes 23 de febreiro de 10:30 a 13:30. ?WhatsApp e Skype: comunícache a través de Internet?
- Mércores 24 de febreiro de 10:30 a 13:30. ?Trámites online: compras por Internet, pagos seguros e moito máis?
- Xoves 25 de febreiro de 10:30 a 13:30. ?Redes Sociais?
- Mércores 2 de marzo de 10:00 a 12:30. Seguridade na internet: precaucións e consellos en dispositivos móbiles.
- Venres 4 de marzo de 10:30 a 13:30. ?A administración: cita médica e máis solicitudes de forma autónoma a través de Internet?.
Para máis información na aula CeMIT ou na páxina web cemit.xunta.gal