Prorrogado a Eulen o contrato de limpeza dos edificios e instalacións municipais

Prorrogado a Eulen o contrato de limpeza dos edificios e instalacións municipais

O Concello de Marín informou  dunha nova prórroga do contrato do servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello á empresa Eulen, que xa leva cinco anos executando estes traballos, dado que o contrato, adxudicado en 2014, conta cunha duración de catro anos e dous prórrogas anuais.

Segundo informou a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, esta prórroga conta co informe favorable do arquitecto municipal, encargado da supervisión do contrato. Na súa valoración, o técnico considera “xustificada” a prórroga a Eulen, “dada a incuestionable e evidente utilidade pública deste servizo, co fin de garantir o correcto estado de limpeza e de hixiene das instalacións de uso municipal”.

Ademais, o Concello mostra a súa “plena satisfacción” ca forma na que actualmente está a prestarse o servizo por parte de Eulen. O importa anual que se inviste nestes traballos é de 392.448,12 euros.

Anterior Concluído o prazo de presentación de ofertas á licitación das obras de humanización da Avenida de Ourense

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados