Coa finalidade de fomentar a adaptabilidade e a competitividade no mercado actual para tódas aquelas mulleres potencialmente emprendedoras e para axudalas na posta en marcha na busca de emprego e na modernización das súas empresas, crean o programa “Rede – Emprende en Igualdade”.
Este programa ten como obxetivo mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través de:
- Fomento e coñecemento das competencias.
- Formación tecnolóxica e as redes sociais.
- Posta en marcha e modernización das actividades e capacidades empresariais e persoais.
Os módulos que presenta en formación e asesoramento son:
- Iniciación á internet e redes sociais.
- Novas tecnoloxías e emprendemento.
- Novas tecnoloxías e busca de emprego.
- Redes e transposición de experiencias.
- Perspectiva de xénero.
A duración proposta dos cursos é de 20 horas, cun máximo de 25 alumnas por curso. A primeira edición lévase a cabo os días 9,10,11,12,13 e 16 de novembro de 2015, de 10:00 a 13:00 horas e o día 17 de novembro de 10:00 a 12:00 horas, na aula CEMIT da Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos. (Avda Ourense Nº8 – 2º Piso).
Organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Concello de Marín (Centro de Información á Muller – CIM), Aula CEMIT e o Colexio Profesional de Enxeñería e Informática de Galicia.